Compartimento dunha casa, en especial o cuarto onde se dorme.
ARQUITTeito abovedado ou estancia cuberta por unha bóveda.
sfRecinto ou oco que realiza unha función determinada.
cámara acoirazadaLocal provisto de elementos de seguridade, que substitúen, nun establecemento bancario, á caixa forte.
cámara de aireEspazo oco no interior dos muros que serve de illamento.
cámara de gasLocal hermeticamente fechado onde se inxectan gases tóxicos para asfixiar persoas ou animais.
cámara frigoríficaCompartimento de paredes termicamente illadas, mantido a baixa temperatura por medio dunha máquina frigorífica.
cámara mortuoriaSala na que se vela o corpo dun defunto antes do enterro.
sfTECNOLCompartimento dun instrumento no que ten lugar algún proceso químico, eléctrico ou doutro tipo, ou no que se gardan gases ou circuítos.
TECNOL
sfAparato que rexistra imaxes que logo se reproducen nun soporte visual ou impreso.
cámara cinematográficaCámara que permite rexistrar as imaxes dun obxecto en movemento sobre un soporte sensible.
cámara de televisiónCámara que converte as imaxes luminosas en sinais eléctricos co fin de podelas transmitir a distancia.
cámara de vídeoCámara de televisión portátil e autónoma que leva incorporado un magnetoscopio.
cámara dixitalCámara que toma imaxes fixas ou en movemento cun dispositivo dixital e que as transmite directamente a un ordenador ou as grava nun disco sen empregar película fotográfica.
cámara escuraCámara fechada á luz cun buraco polo que entran os raios de luz que determinan unha imaxe que se recolle na superficie interior da parede oposta.
cámara fotográficaCámara que permite gravar a imaxe dun obxecto sobre un soporte sensible que, unha vez impresionada rexistra esa imaxe.
POLÍT
sfÓrgano político deliberativo con facultades lexislativas ou consultivas, propio dos estados con sistema representativo.
sfÓrgano deliberativo que se creou como xunta restritiva dos consellos supremos da monarquía hispánica dos Austrias e perdurou ata o s XIX.
cámara municipalÓrgano de goberno dun concello.
DER/ECON
sfEntidade ou organismo, de carácter oficial ou privado, que agrupa individuos ou entidades dedicadas á mesma actividade económica e que ten como finalidade a prestación duns servizos determinados e a defensa dos seus intereses.
cámara agrariaCorporación de dereito público, creada por lei do Parlamento de Galicia, que ten como finalidade actuar como entidade de consulta e de colaboración coa administración autonómica en materias de interese agrario.
cámara da propiedadeAsociación de propietarios que ten por función fomentar e defender os intereses da propiedade urbana.
cámara de comercioAsociación que agrupa aos comerciantes e aos industriais e navieiros para a defensa e promoción dos seus intereses.
BIOL
sfCavidade dun organismo animal ou vexetal onde ten lugar algún proceso fisiolóxico.
cámara acuosaCavidade anterior do ollo que contén o humor acuoso.
cámara aeríferaEspazo intercelular existente entre as células dalgunhas plantas.
cámara aeríferaCela que hai na superficie dalgunhas hepáticas talosas.
cámara subestomática/pneumatóforaCavidade subepidérmica situada detrás do poro do estoma.
cámara vítreaCavidade posterior do ollo que contén o humor vítreo.
FÍS
sfDetector de radiacións ionizantes, xa sexan partículas cargadas electricamente ou neutras.
cámara de ionizaciónDetector de partículas cargadas constituída por dous electrodos sometidos a unha diferenza de potencial continua. O conxunto está inmerso no seo dun gas e o paso dunha partícula cargada ioniza o gas e establece unha corrente eléctrica.
cámara de néboaDetector no que o paso dunha partícula cargada polo seo dun vapor sobresaturado determina un rastro de ións sobre os que se condensan pingas, formando un trazo que visualiza a traxectoria da partícula.
cámara proporcional multifíoDetector de partículas que consta dun urdido de fíos condutores paralelos mantidos a un elevado potencial eléctrico positivo, inmerso no seo dun gas.
cámara lentaIMAXProcedemento cinematográfico que consiste en alongar un movemento durante un tempo superior a aquel no que se produce.