calzar

< lat *calceare calceu ‘zapato’
  1. v t Empregar ou levar un determinado tipo de calzado.
  2. v t Pórlle o calzado a alguén.
  3. v t Ter o pé dun determinado talle.
  4. v t
    1. Poñer un ou máis calzos nunha peza para fixala e nivelala.
    2. GRÁF Alzar os gravados con cuñas para que estean ao mesmo nivel que os caracteres tipográficos ao confeccionarlles a forma.
  5. v t Poñer unha calza ás aves de curral.
  6. v pron Pórse alguén o calzado. OBS: Este uso pronominal non é correcto se vai expresado o complemento directo.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Cálzate, que xa é tarde en lugar de *Cálzate as botas, que xa é tarde
  • Calzou o meniño antes de saír á rúa
  • Cómpralle de agasallo unhas botas, calza un número corenta
  • Hoxe calzo uns deportivos novos
  • O gandeiro calzou as galiñas para identificalas
  • Teñen que calzar ben a viga para que non caia, Calzou o coche porque estaba parado nunha costa moi pina, Tivo que calzar a ferramenta porque se lle movía moito
  • ¿Onde calzas o teu fillo?
Verbo: calzar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

calzo

calzas

calza

calzamos

calzades

calzan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

calzaba

calzabas

calzaba

calzabamos

calzabades

calzaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

calcei

calzaches

calzou

calzamos

calzastes

calzaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

calzara

calzaras

calzara

calzaramos

calzarades

calzaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

calzarei

calzarás

calzará

calzaremos

calzaredes

calzarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

calzaría

calzarías

calzaría

calzariamos

calzariades

calzarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

calce

calces

calce

calcemos

calcedes

calcen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

calzase

calzases

calzase

calzasemos

calzasedes

calzasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

calzar

calzares

calzar

calzarmos

calzardes

calzaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

calza

-

-

calzade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

calzar

calzares

calzar

calzarmos

calzardes

calzaren

Xerundio

calzando

Participio

calzado

calzada

calzados

calzadas