calva

< lat calva
Plural: calvas
  1. s f Parte da cabeza que non ten pelo.
  2. s f Parte dun tecido ou dunha pel que non ten pelo ou peluxe.
  3. s f p ext Terreo sen vexetación.
  4. s f MICROB Zona de lise ou de inhibición do crecemento provocada pola infección dunha partícula viral sobre unha capa de células hospedeiras.

Citas

  • Aínda que plantou máis céspede non puido tapar todas as calvas
  • Esa chaqueta que levas parece que ten unha pequena calva, Ten varias calvas na alfombra
  • Séntalle moi ben a calva a ese home