sfFÍSProceso de transferencia de enerxía dun corpo ou dun sistema a outro como resultado da diferenza de temperatura entre ambos os dous.
sfFÍS/FISIOLAumento de temperatura no corpo dun animal como resultado da súa actividade metabólica.
calor atmosféricaMETEORCalor debida principalmente ao Sol, pero tamén á transferencia de vapor de auga á atmosfera. Está en relación estreita coa cantidade de humidade da atmosfera e coa presenza ou ausencia de vexetación.
calor atómicaFÍSProduto da calor específica dun elemento polo seu peso atómico.
calor de activación /QUÍM/FÍSenerxíadeactivación.
calor de adsorciónFÍSCalor desprendida no proceso de adsorción dun mol de substancia sobre a superficie dun adsorbente.
calor de reacción /QUÍM/FÍSEnerxía térmica liberada ou absorbida en calquera proceso químico.
calor de transformaciónFÍSEnerxía térmica necesaria para efectuar un cambio de fase dunha substancia a temperatura constante.
calor específicaFÍSEnerxía que ten que recibir a unidade de masa dunha substancia para que a súa temperatura se eleve unha unidade.
calor latenteFÍSExpresión que designa a enerxía térmica por unidade de masa liberada ou absorbida nunha transformación isotérmica dun sistema.
calor molarFÍSEnerxía que ten que recibir un mol dunha substancia para que a súa temperatura se eleve unha unidade.
calor negraFÍSEnerxía térmica que desprenden os corpos quentes antes de chegar á incandescencia, en forma de raios infravermellos.
equivalente mecánico da calorFÍSFactor que, nas unidades de enerxía, converte a caloría no joule. O seu valor é 4,184 J·cal -1 .
sfFISIOLSensación experimentada polo organismo cando a temperatura ambiental é elevada ou con motivo dun estado febril.
sfTemperatura elevada do ambiente en tanto que produce sensación de calor.