caldeira

< lat caldarĭa ‘estufa’
Plural: caldeiras
  1. s f Recipiente de metal con asas, grande e de forma redonda, empregado para quentar líquidos ou cociñar alimentos.
  2. s f TECNOL Recipiente ou sistema de tubos que se empregan para quentar de maneira continua auga, ou outro fluído, por medio do lume.
  3. s f Parte inferior máis voluminosa do alambique no que se introduce o bagazo para obter a augardente por destilación.
  4. s f XEOL Cráter de explosión de orixe volcánica, xeralmente cun diámetro de grandes dimensións, de forma máis ou menos elíptica ou circular, e con paredes abruptas e fondos case planos.

Confrontacións

Citas

  • Estreou a caldeira nova para cocer o polbo