calco

Plural: calcos
  1. s m Acción e efecto de calcar.
    1. s m Copia obtida despois de reproducir un modelo dun papel sobre outro co que está en contacto.
    2. papel de calco Papel que se emprega para calcar.
  2. s m Imitación exacta ou moi achegada á orixinal.
  3. calco semántico LING Forma de préstamo que imita o esquema ou o significado dunha palabra ou dunha locución estranxeira e non a súa realidade fonética.