calcificación

< calcificar
Plural: calcificacións
  1. s f FISIOL Depósito de sales calcarios nas cartilaxes que conducen á formación dos ósos.
  2. s f FISIOL Proceso de formación da dentina e doutros tecidos duros dos dentes.
  3. s f PAT Depósito de carbonato e de fosfato de calcio nos tecidos e nos órganos, no decurso de determinadas enfermidades.
  4. s f XEOL Saturación do solo en carbonato de calcio.