smÓxido de calcio impuro, que se emprega na construción, para depurar augas duras e como material refractario no recubrimento de fornos de alta temperatura. OBS: Tamén se denomina calanhidro ou calvivo.
cal hidráulicoQUÍMPedra calcaria calcinada con propiedades semellantes ás do cemento.
cal morto/hidratado/apagadoHidróxido de calcio comercial, que se emprega na industria química, na construción e como funxicida e fertilizante. Mesturado con area ou pedra moída constitúe a argamasa.
cal sodadoQUÍMMestura dos hidróxidos de calcio e de sodio que se emprega na industria e nos laboratorios pola súa propiedade para absorber o dióxido de carbono.
cloruro de calQUÍMHidrato do sal dobre de hipoclorito e cloruro de calcio, que se emprega como oxidante, branqueador e desinfectante. OBS: Tamén se denomina pos de gas ou de branqueado.