caixa

< lat capsa
Plural: caixas
    1. s f Recipiente de forma regular, xeralmente cúbica, que adoita usarse para gardar e transportar obxectos.
    2. s f p ext Contido dunha caixa.
    3. s f Carcasa total ou parcial dun moble, especialmente a parte dunha mesa que contén os caixóns.
    4. s f Parte do muíño que consta dunhas táboas dispostas en forma de cadrado, que rodea a moa e que serve para recoller a fariña que cae ao moer o gran.
    5. caixa de cimentación CONSTR Caixa de madeira, formigón ou aceiro que se emprega para cimentar o terreo.
    6. caixa de Kubiëna XEOL Receptáculo de folla de lata, de base rectangular e medidas normalizadas, que se utiliza, sobre todo, para recoller e conservar as mostras de solo.
    7. caixa de urxencias Armario pequeno con medicamentos e utensilios farmacéuticos para casos de urxencia.
  1. s f Receptáculo longo con tapa, de madeira ou doutros materiais, onde se deposita un cadáver para o seu enterramento.
    1. s f Recipiente, polo xeral metálico, empregado para protexer certos mecanismos ou para gardar auga ou combustible.
    2. caixa acústica / FÍS/TECNOL Caixa que se utiliza para conter un ou máis altofalantes e mellorar a reprodución.
    3. caixa de cadeas MAR Compartimento situado na proa dunha embarcación onde se garda a cadea da áncora.
    4. caixa de cambios/de marchas TECNOL Caixa onde vai encerrado o mecanismo que permite o cambio de velocidades dun automóbil.
    1. s f Departamento dunha empresa, dunha entidade financeira ou da administración onde se efectúan pagamentos e cobros.
    2. s f Capital do que pode dispoñer un banqueiro ou unha entidade en diñeiro ou valores.
    3. s f Cantidade de diñeiro que ingresa un establecemento comercial nun día.
    4. caixa de caudais Depósito onde se garda diñeiro, documentos e obxectos de valor.
    5. caixa de seguridade Compartimento destinado a gardar diñeiro, documentos ou xoias, situado na zona blindada dun banco.
    6. caixa forte Caixa de caudais xeralmente incrustada nunha parede.
    7. caixa rexistradora Máquina que se emprega no comercio para rexistrar as entradas de cartos, produtos de venda, efectuar os cálculos apropiados e gardar o diñeiro.
  2. s f CONSTR Espazo reservado no interior dun edifico para a escaleira, o ascensor ou a cheminea.
  3. s f ARTE Espazo enmarcado, situado na parte inferior dun debuxo, onde figuran o nome do obxecto debuxado, a escala, a data e o nome do debuxante.
  4. ECON
    1. s f Entidade financeira ou administrativa que recibe fondos en depósito e que se encarga de administralos e facer que rendan beneficios.
    2. caixa de aforros Entidade financeira pública ou privada de carácter inicialmente non lucrativo.
    3. caixa xeral de depósitos Servizo do ministerio de Facenda que ten como función principal ser o único depositario das consignacións obrigatorias administrativas e xudiciais que se esixen en determinados casos.
  5. GRÁF
    1. s f Cadro ocupado nunha páxina pola impresión, prescindindo das marxes.
    2. caixa de imprenta Caixón dividido en compartimentos onde están distribuídas as letras e os signos da imprenta.
  6. MÚS
    1. s f Cilindro de madeira ou de metal recuberto con dúas membranas que forma o corpo dun tambor.
    2. caixa chinesa Instrumento idiófono que consiste nunha madeira oca que soa ao bater contra ela unha baqueta pequena tamén de madeira.
    3. caixa de música Caixa que reproduce pezas musicais a través dun mecanismo interior que consiste nunha serie de láminas metálicas que soan cando son rozadas polas pugas dun cilindro xiratorio.
    4. caixa de resonancia Cavidade abovedada que amplifica as vibracións sonoras producidas polas cordas nos instrumentos cordófonos.
    5. caixa expresiva Cámara que illa unha parte dos tubos do órgano e que permite graduar a intensidade sonora sen cambiar o timbre.
  7. s f TECNOL Cámara ou compartimento dun instrumento, aparato ou máquina, onde ten lugar un proceso ou que contén ou recolle un gas ou un líquido.
  8. TRANSP
    1. s f Corpo principal dun vehículo sen as rodas nin o eixe utilizado, nalgúns casos, para levar a carga.
    2. caixa abatible Caixa móbil dun vehículo que permite o seu baleirado automático.
  9. caixa de luvas QUÍM/BIOL Recinto utilizado para manipular substancias perigosas ou para manter unha atmosfera illada, coa finalidade de evitar contaminacións do interior ao exterior, ou viceversa.
  10. caixa do correo
    1. Receptáculo que hai na oficina de correo ou na vía pública onde se deposita a correspondencia que, posteriormente vai ser recollida e distribuída polo persoal de correos.
    2. Receptáculo con porta e chave e cunha abertura longa e estreita onde se deposita a correspondencia que vai dirixida a unha persoa ou entidade.
  11. caixa negra AERON Dispositivo electrónico que permite determinar as causas que puideron orixinar un accidente de aviación.
  12. caixa torácica ANAT Estrutura osteocartilaxinosa formada polo esterno, as cartilaxes costais, as costelas e a parte dorsal da columna vertebral.

Confrontacións

Citas

  • A procesión vai acompañada por caixas e tambores ata a catedral
  • Comeron unha caixa enteira de galletas
  • Esta semana estamos facendo unha caixa de cinco millóns diarios
  • Gardamos todos os libros nas caixas, A tendeira comprou unha caixa de laranxas
  • Imprimiuse o volume cunha caixa de texto de 12 por 18 cm
  • No enterro do meu avó levamos a caixa a ombros desde a igrexa ata o cemiterio
  • O camión levaba a caixa cargada ata os topes
  • O reloxo está montado nunha caixa de titanio
  • Para cobrar as facturas debes dirixirte á caixa
  • Vou botar as cartas na caixa do correo

Formas incorrectas

botiquín, buzón, depositaría

Palabras veciñas