caique

< turco qā’iq ‘barca’
Plural: caiques
  1. s m MAR Embarcación lixeira de remos usada nas costas do Bósforo.
  2. s m PESCA Embarcación de pesca de cabotaxe, de casco moi robusto e pouco calado, que arbora un pau ou dous ademais do bauprés, e é propia da zona do mar Mediterráneo Oriental.
  3. s m PESCA Embarcación de pesca, de aproximadamente 12 m de lonxitude, que se usa na costa do Algarve.

Palabras veciñas