caínza

< cana
Plural: caínzas
  1. s f Armazón de canas, varas ou vimbios entretecidos, utilizada para diversos usos.
  2. s f Armazón feita de táboas, canas, varas ou vimbios entretecidos que se coloca entre os fungueiros do carro para amarrar a carga.
  3. s f Aveño de labranza constituído por unha estrutura de táboas e varas entretecidas que se usa para achaiar a terra.
  4. s f Estrutura de paus e varas entretecidos colocada á entrada dunha propiedade como porta.
  5. s f Armazón feita de táboas entretecidas con canas ou vimbios que se coloca a certa altura sobre o lume para secar ou afumar alimentos.

Sinónimos

Confrontacións