cagallón

< cagalla
Plural: cagallóns
  1. s m Masa de materias fecais de forma máis ou menos cilíndrica ou arredondada.
  2. s m Excremento sólido dun cabalo ou dun burro con forma de bóla.
  3. s Boa fortuna.
  4. s Estado de ebriedade tras un consumo excesivo de alcohol.

Confrontacións

Citas

  • A herba que hai cerca da praia está chea de cagallóns
  • Fixemos unha queimada e collemos todos un bo cagallón
  • Os adversarios eran superiores, gañastes de cagallón
  • Os cagallóns das cortes aprovéitanse para fertilizar o campo