cagada

< lat cacāta
Plural: cagadas
  1. s f Excremento expelido cada vez que se defeca.
  2. s f Acción de cagar.
  3. s Acción ou dito, sen éxito ou realizado nun momento inoportuno, contrario ao que se esperaba.

Citas

  • A festa de aninovo foi unha cagada, O exame non era difícil, pero trabuqueime e fixen unha cagada
  • As beirarrúas do centro urbano están cheas de cagadas de can
  • Sempre leva unha revista ao baño para ler durante a cagada