caer

< lat cadĕre ‘caer’
  1. v i
    1. Moverse unha cousa cunha traxectoria de arriba a abaixo a causa do seu propio peso.
    2. Ir bater unha persoa ou cousa no chan ou noutra superficie que o deteña a causa dunha perda de equilibrio.
    3. Separarse algunha cousa daquilo ao que estaba adherida ou suxeita.
    4. Ceder á acción da gravidade un obxecto suspendido sen desprenderse nin chegar ao chan.
  2. v i
    1. Coincidir un acontecemento cun período de tempo.
    2. Coincidir un día do mes cun día da semana. OBS: Con este significado sempre vai seguido da preposición en.
  3. v i Ter algunha cousa un resultado ou unha consecuencia dunha forma determinada. OBS: Emprégase frecuentemente cos adverbios ben e mal.
  4. v i
    1. Diminuír de súpeto a intensidade dun fenómeno ou unha actividade.
    2. Baixar o valor ou o prezo dunha cousa de maneira repentina e considerable.
  5. v i
    1. Estar situada algunha cousa no lugar que se indica.
    2. Quedar algunha cousa dentro ou fóra duns límites establecidos.
  6. v i Ir dar alguén a un lugar que non se esperaba ou onde non se lle esperaba.
  7. v i Pasar unha persoa a unha situación ou estado negativo con respecto a outro anterior.
  8. v i Quedar sen vida alguén nun enfrontamento violento.
  9. v i Deixar de existir calquera tipo de goberno ou dominio.
  10. v i Topar algo ou alguén con algunha cousa preparada en contra.
  11. v i Incorrer nalgunha actividade ou acto maligno. OBS: Con este significado vai seguido da preposición en.
    1. v i Realizar a acción de determinados fenómenos meteorolóxicos.
    2. caer farrapos nevar.
    3. caer pedra/pedrazo sarabiar.
  12. v i Ser ou non unha persoa agradable para outra. OBS: Emprégase cos adverbios ben ou mal ou con locucións adverbiais semellantes.
  13. v i Achar a solución de algo que non se coñece ou lembrar algunha cousa nun momento determinado.
  14. v i Estar cerca do seu final algún período cronolóxico.
  15. v i Levar unha peza de roupa máis abaixo do que lle corresponde.
  16. v i Ceder ante algunha cousa.
  17. v i MAR Desviarse un barco do seu rumbo cara a unha banda ou cara a outra.

Citas

  • A semana pasada o euro caeu en todos os mercados fronte ao dólar
  • Caeu o vento e os mariñeiros puideron saír ao mar
  • Comezaron a caer peras da pereira, Xa lle caeu o seu primeiro dente
  • Desde que se xubilou caeu en desgracia, Os avós están ben, aínda que hai un mes caeron enfermos, Antes íalles moi ben, pero hai pouco caeron economicamente
  • Este ano a Pascua despois de San Xosé
  • Este ano é posible que caia neve á beira do mar, ¡Como caeu esta mañá, púxenme pingando!
  • Estou tan cansado que caio de sono
  • Levaba moito tempo sen xogar, pero volveu caer na ludopatía
  • Mantede os brazos facendo un ángulo recto e despois deixádeos caer
  • Non lle caeu ben que lle berrases tanto, Caeulle mal que llo dixeses, Non sei cómo lles caerá a negativa
  • Non sei qué hora era, pero estaba caendo o día
  • Numerosas revoltas provocaron que caese a monarquía, O anterior presidente da compañía caeu cando se descubriu que era corrupto
  • O árbitro caeu no engano do xogador e asubiou un penalti, Levo máis dunha hora pescando e aínda non caeu ningún peixe
  • O papaventos caeu ao chan cando deixou de haber vento
  • Ó saír do exame foi cando caín en cál era a resposta correcta, Explicáchesmo de moitas formas, pero aínda non caio
  • O seu avó caeu mentres loitaba na Guerra Civil
  • O sur da provincia cae noutra diocese
  • O último día do mes cae en sábado
  • Os novos xulgados caen pola outra banda da vila
  • Os teus amigos cáenme moi ben, Non quero estar con Ana porque me cae mal
  • Rompeu a cadeira cando caeu, Caeu porque non atou ben os amallós, O floreiro caeu ao chan e rompeu
  • Seguimos polo camiño e caemos na estrada, Non vin adrede, caín aquí casualmente
  • Sempre anda coa chaqueta a caerlle dos ombros

Frases feitas

  • As soberbias non caen nos toxos. Apl
  • Caer area. Saraibar.
  • Caer charamiscas. Neviscar.
  • Caer como un bazuncho. Caer cara a adiante con todo o peso do corpo.
  • Caer da burra/do burro/na conta. Comprender ou decatarse de algo.
  • Caer de chope. Caer tendido de xeito violento.
  • Caer en si. Decatarse dun erro.
  • Caer enfermo/na cama. Contraer unha doenza.
  • Caer na cova. Recibir sepultura.
  • Caer na man dun. Someterse
  • Caer na trapela. Casar.
  • Caer no lazo. Deixarse enganar ou caer nunha trampa.
  • Caer no renuncio. Incorrer no contrario do que se dixo en p
  • Caer o paxaro morto. Ir moita calor.
  • Caer polo seu propio peso. Ser evidente algunha cousa.
  • Caer redondo. Caer repentinamente
  • Caer unha faiscada de molla parvos. Poallar.
  • Caer unha zarapilda/zarracina de auga. Chover con moita intensidade ou caer treboada.
  • Caer/estar rendido. Estar moi canso.
  • Caer/quedar en estado. Quedar embarazada.
  • Caerlle a baba. Sentir cari
  • Caeu como a pedra nun pozo. Esquecerse rapidamente dun tema que dera moito que falar.
  • Caeume o forno. Deu a luz a mi
  • Deixar caer. Insinuar algunha cousa.

Formas incorrectas

caír
Verbo: caer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

caio

caes

cae

caemos

caedes

caen

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

caía

caías

caía

caïamos

caïades

caían

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

caín

caíches

caeu

caemos

caestes

caeron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

caera

caeras

caera

caeramos

caerades

caeran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

caerei

caerás

caerá

caeremos

caeredes

caerán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

caería

caerías

caería

caeriamos

caeriades

caerían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

caia

caias

caia

caiamos

caiades

caian

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

caese

caeses

caese

caesemos

caesedes

caesen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

caer

caeres

caer

caermos

caerdes

caeren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

cae

-

-

caede

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

caer

caeres

caer

caermos

caerdes

caeren

Xerundio

caendo

Participio

caído

caída

caídos

caídas