cadoira

< lat cadere ‘caer’
Plural: cadoiras
  1. s f MAR Burato da quilla dunha embarcación polo que desauga.
  2. s f MAR Tapón de cortiza ou de madeira co que se tapa o burato homónimo da quilla dun barco.

Citas

  • Antes de botar a barca temos que poñerlle a cadoira
  • Decátamonos a tempo de que entraba auga pola cadoira

Palabras veciñas