cadáver

< lat cadāver
Plural: cadáveres
  1. s m BIOL Corpo morto dunha persoa ou dun animal.
  2. s Persoa que presenta un aspecto pálido porque perdeu o seu bo estado físico.
  3. cadáver exquisito LIT Xogo colectivo practicado polos escritores, pintores e debuxantes surrealistas, principalmente entre os anos 1925 e 1930, encamiñado á creación artística.

Citas

  • A persoa que tivo o accidente na autoestrada ingresou xa cadáver no hospital
  • Parecía un cadáver despois da súa longa e grave enfermidade