cacheno -na

Plural: cachenos Masculino: cacheno Masculino plural: cachenos Feminino: cachena Feminino plural: cachenas
  1. adx Que lle falta un corno ou os dous.
    1. adx Que lle faltan os dentes.
    2. s m Resto da raíz dun dente que permanece na enxiva despois de arrincar ou podrecer a peza dentaria.
    1. adx Relativo ou pertencente á raza cachena.
    2. raza cachena ZOOL Raza bovina morena orixinaria de Galicia de perfil cóncavo, cabeza pequena con órbitas saíntes e ollos oblicuos, orla branca no fociño, beizos grosos e cornos en lira alta e moi desenvolvidos.

Palabras veciñas