buxa

< buxo
  1. f Cada unha das pezas de madeira da gaita que van amarradas ao fol, onde se introducen os tubos sonoros.
  2. f
    1. Peza de madeira onde vai encaixado o eixe do carro.
    2. Oco en que xira o eixe do carro.
  3. f Peza cilíndrica pola que pasa a auga que pon en funcionamento o rodicio do muíño.
  4. f Disco de madeira, colocado no centro da roda de afiar, que leva un burato polo que pasa o eixe ou manubrio que pon en movemento esta roda.

Frases feitas

  • Ter a buxa frouxa. Dicir mentiras.