buscapersoas

< buscar + persoas
  1. m TECNOL Sistema de comunicación que consiste nun centro emisor e nun ou varios receptores portátiles persoais.
  2. m TECNOL Receptor dun sistema buscapersoas. OBS: Tamén se emprega a forma apocopada busca.

Citas

  • Esqueceu o buscapersoas enriba da mesa e non o puideron avisar
  • Este hospital dispón dun buscapersoas para poder avisar os médicos en caso de emerxencia

Palabras veciñas