burrada

< burro
  1. f Dito ou feito que demostra torpeza ou ignorancia.
  2. f col Gran cantidade.
  3. f Manda de burros.

Citas

  • Coas túas burradas só conseguirás que te boten fóra
  • Había unha burrada de xente e non puidemos presenciar o espectáculo, Traballa unha burrada para poder alimentar a tantos fillos
  • Hoxe en día ver unha burrada é un feito extraordinario porque xa case non hai burros