bulbo

< lat bulbu
  1. m BOT
    1. Órgano, xeralmente subterráneo, que está constituído por un talo curto e engrosado cunha xema destinada a orixinar o talo aéreo ao darse as condicións adecuadas.
    2. Engrosamento globuloso da base do pé nalgúns cogomelos.
    3. Disco basal de fixación en forma de cúpula nalgunhas algas.
  2. ANAT
    1. m Protuberancia redondeada de certos órganos que lembra, pola súa forma, os bulbos vexetais.
    2. bulbo aórtico Dilatación da base da aorta.
    3. bulbo nervioso Porción nodosa que conecta diferentes nervios entre eles.
    4. bulbo olfactivo Cada unha das dúas expansións do nervio olfactivo.
    5. bulbo piloso Extremo central dun pelo ou cabelo.
    6. bulbo raquídeo Protuberancia da extremidade superior da medula espiñal, onde radican os centros vitais máis importantes para a regulación das funcións respiratoria, circulatoria e do equilibrio, e tamén algúns centros reflexos.
    7. bulbo uretral Rexión ensanchada da uretra esponxosa.
    8. bulbo vestibulovaxinal Cada un dos dous órganos eréctiles situados baixo a mucosa vaxinal, homólogo do tubo uretral masculino.
  3. m ARQUEOL Relevo concoidal que, en análise tecnolóxica, se desenvolve sobre a cara inferior dunha lasca a partir do punto de presión ou de percusión; neste último caso precédeo, ás veces, un cono de percusión.
  4. m ENX Protuberancia da parte inferior dalgúns tallamares que ten por finalidade diminuír a fricción da auga coa carena.