buda

< sánscr buddha ‘o iluminado’
  1. m RELIX Título que se lle dá a quen acada a iluminación.
  2. buda vivente RELIX Título de certos grandes dignatarios do budismo do Tibet e de Mongolia. Son as encarnacións sucesivas do Buda e doutras divindades búdicas como o Dalai Lama.