brotar

< lat abortāre ou gótico brutón?
  1. v i Comezar a desenvolverse un vexetal.
  2. v i Abrir os abrochos ou gromos dunha planta.
  3. v i Saír auga ou calquera outro líquido dun manancial ou outro lugar.
  4. v i Comezar a manifestarse unha cousa.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • As bágoas brotaron dos seus ollos tan pronto soubo a grave noticia, A auga brotaba no campo sen necesidade de cavar
  • As leitugas xa brotaron
  • Coa chegada da primavera brotaron as ameixeiras
  • Durante o seu delirio brotaron da súa boca palabras inconexas, Daquela poza brotou un cheiro nauseabundo

Palabras veciñas