bronceado -da

< broncear
Plural: bronceados Masculino: bronceado Masculino plural: bronceados Feminino: bronceada Feminino plural: bronceadas
  1. broncear.
  2. adx Que é da cor do bronce.
  3. m Acción e efecto de broncear ou broncearse.
  4. m Ton escuro que adopta a pel cando se expón aos raios solares ou artificiais.

Citas

  • Escolleron unha cor bronceada para as invitacións, A súa pel bronceada sobresaía de entre toda a brancura
  • Non me gusta nada o seu bronceado porque é moi escuro
  • Un bo bronceado debe conseguirse de vagariño

Palabras veciñas