brétema

< gótico *brêthms ‘vapor’
  1. f Condensación na atmosfera do vapor de auga do aire en contacto coa superficie terrestre. Ex: Hoxe a brétema non deixa ver nada.

Confrontacións

Citas

  • Hoxe a brétema non deixa ver nada.

Refráns

  • A mera no san Xoán leva o viño e mailo pan.
  • Brétema húmida adoíta traer chuvia.
  • Brétema no monte, mellor que pola mañá é pola noite.
  • Brétemas no alto, chuvias no baixo.