brahui

Plural: brahuis
  1. adx Relativo ou pertencente aos brahuis ou á súa lingua.
  2. ETN Individuo da confederación de tribos dos brahui.
  3. m ETN Confederación de tribos do Baluchistán central e oriental que están organizados en 23 tribos tributarias do khan brahui de Qalāt.
  4. m LING Lingua drávida, escrita en caracteres árabes que fala o pobo brahui.