botella

< lat butticŭla
  1. f Recipiente estreito destinado a conter líquidos
  2. f Cantidade de líquido que cabe nese recipiente.
  3. f FÍS/TECNOL Globo de vidro que constitúe a envoltura das lámpadas, dos tubos electrónicos e doutros dispositivos que teñen que funcionar no baleiro ou nunha atmosfera pechada.
  4. f PROTISTA boche.
  5. f XEOL/BIOL Recipiente utilizado para recoller mostras de auga de mar a determinadas profundidades.
  6. botella de Leiden FÍS/TECNOL Condensador experimental feito cunha botella de vidro forrada por dentro e por fóra, ata unha certa altura, de papel de estaño.
  7. botella magnética FÍS Recinto esférico que no seu interior posúe un campo magnético cun valor que aumenta en todas as direccións proporcionalmente ao cadrado da distancia ao centro.

Confrontacións

Citas

  • Bebeu unha botella enteira de viño antes de comer
  • Puxo a botella enriba da mesa e serviu uns vasos