bote

< ingl antigo bāt ‘chalana’
  1. m Embarcación de pequeno tamaño con remos.
  2. MAR
    1. m Embarcación de ata oito metros de eslora, que se caracteriza por ter quilla e fondo redondo.
    2. bote da xávega Embarcación que se emprega como auxiliar dunha lancha para a pesca coa xávega.
    3. bote salvavidas Embarcación que se acondiciona para evacuar un buque ou para o salvamento de náufragos.

Confrontacións

Citas

  • Arrastraron os botes para a praia para que non lles chegase a marea

Palabras veciñas