boro

< borax
  1. m QUÍM Elemento non metálico que pertence ao grupo III A da táboa periódica, de número de oxidación 3 e masa atómica 10,81. O boro emprégase en técnicas nucleares, e como mellorador de combustibles en motores de reacción.
  2. hidruro de boro QUÍM Calquera composto formado por boro e hidróxeno.
  3. nitruro de boro QUÍM Cada unha das dúas formas sólidas de fórmula empírica BN.
  4. óxido de boro QUÍM Sólido semitransparente, de aspecto vítreo, higroscópico, preparado pola ignición do ácido bórico. Emprégase en metalurxia, en análise química e na fabricación de vidros resistentes ao lume.
  5. tricloruro de boro QUÍM Líquido incoloro que se emprega como catalizador en síntese orgánica e como materia prima para a obtención de moitos compostos de boro.
  6. trifluoruro de boro QUÍM Ácido de Lewis máis forte que se coñece, polo que ten un alto valor como catalizador en química orgánica.

Palabras veciñas