bordón

< lat v burdōne ‘mulo’
  1. m Bastón ou caxata de peregrino, de forma cilíndrica, que lle serve de apoio mentres camiña.
  2. m LIT Retrouso que se repite nunha canción ou nunha composición poética.
  3. m MÚS Corda da zanfona que emite unha nota sostida e moi grave, que fai ás veces de ronco da gaita.
  4. m ARQUIT Moldura semicircular e convexa.

Citas

  • Diche sempre o mesmo, non cambia de bordón
  • Os peregrinos axúdanse dos seus bordóns para salvar a esgrevia orografía do Camiño de Santiago