bórax

< lat científico borax ár bawraq persa boûrah
Nome científico: Na 2 B 4 O 7 ·10H 2 O
  1. m QUÍM/MINERAL Sólido de lustre vítreo que se presenta en forma de mineral monoclínico holoédrico e que forma cristais prismáticos, curtos e grosos, incoloros ou de cor gris ou amarela, de fractura concoidal e brillo graxo e que se emprega na obtención doutros compostos do boro, nos vitrificados e na fabricación de esmaltes. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].