bonificación

< bonificar
  1. f Acción e efecto de bonificar.
  2. f Cantidade coa que se bonifica.
  3. f
    1. DER/ADM Minoración dos ingresos públicos admitida pola Administración.
    2. DER Minoración dunha cantidade que se debe pagar, admitida polo acredor.
  4. f ECON Mellora ou vantaxe que se concede con carácter adicional nas condicións dun contrato de tipo económico.
  5. f DEP Tempo que se desconta do que se empregou para facer unha proba deportiva.

Citas

  • A bonificación que recibiredes será de mil euros
  • Por mor das doazóns que fixeches, terás unha forte bonificación na próxima declaración da renda
  • Recibimos unha bonificación por mor das horas extras que realizamos
  • Se pagas antes de tres meses terás unha bonificación dun 10
  • Tiven que pagar a bonificación da multa polo retraso en abonala

Palabras veciñas