"psico" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 159.

    1. Inclinación forte cara a algunha cousa.

    2. Dependencia psicolóxica e fisiolóxica cara ao consumo de drogas ou prácticas fóra do control voluntario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debilidade que se manifesta na falta de sensacións físicas e de conduta, ocasionadas por problemas físicos ou psicolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo ou alguén vaia ao fondo.

    2. Introducir algún obxecto punzante no fondo, xeralmente cravándoo.

    3. Sumirse nunha situación depresiva por mor dunha situación desgraciada ou dun problema psicolóxico.

    4. Botar unha embarcación ao fondo do mar.

    5. Cravarse no interior dun corpo ou obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Psicose caracterizada por trastornos na percepción de fenómenos exteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inxestión psicopatolóxica de materias non comestibles como terra ou substancias fecais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce alucinacións.

    2. Psicofármaco que provoca modificacións psíquicas transitorias que afectan especialmente á esfera perceptiva, con efectos de reversibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de fluxo menstrual.

    2. Amenorrea que se produce como consecuencia de disfunción ou de tumores hipofisarios.

    3. Amenorrea de orixe psicoxénica ambiental ou tumoral.

    4. Amenorrea producida por unha disfunción da medula, das cápsulas suprarrenais ou da tiroide.

    5. Amenorrea ocasionada por unha disxenesia, castración, disfunción ou enfermidades ováricas.

    6. Amenorrea por causa de infeccións, trastornos da nutrición ou anemia.

    7. Amenorrea motivada pola ausencia, hipoplasia ou destrución do endometrio.

    8. Amenorrea que resulta dunha aplasia da vaxina ou da imperforación do hime.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto orgánico que deriva formalmente do amoníaco NH 3 mediante a substitución dun ou máis átomos de hidróxeno por grupos hidrocarbonados R. Son primarias, secundarias ou terciarias, segundo haxa un, dous ou tres hidróxenos substituídos.

    2. catecolamina.

    3. Conxunto de psicofármacos que provocan reaccións estimulantes e antinarcóticas sobre o córtex cerebral, especialmente a efedrina e a anfetamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquetipo da psique feminina, segundo a psicoloxía de C. G. Jung, que representa a súa masculinidade inconsciente.

    VER O DETALLE DO TERMO