"muci" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 24.

  • Polisacárido mucilaxinoso que se extrae dalgunhas algas vermellas. Emprégase para preparar medios de cultivo sólidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia mucilaxinosa, constituída por ácido alxínico ou alxinatos impuros, extraída de algas mariñas pardas. A alxina é un coloide hidrofílico moi empregado coma espesante, emulsionante, estabilizante, humectante e axente de suspensión. Aplícase na fabricación de fibras, aprestos e pezas téxtiles, no tratamento de augas de caldeiras e de fangos de perforación, na emulsión de aceites minerais e coma aglomerante e adhesivo.

    2. Fibra ou fío formado por un alxinato metálico insoluble. Os fíos de alxina empréganse sobre todo como soporte para tecer fíos de la moi finos, que doutro xeito non se poderían obter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mucilaxe hidrocoloide extraído das algas vermellas, que se emprega moito na industria alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición mucilaxinosa, envolta en gasas e xeralmente quente, que se aplica sobre a pel como remedio medicinal.

    2. Persoa feble e de saúde delicada.

    3. Persoa que resulta aburrida e molesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás croococais.

    2. Cianobacteria da orde das croococais.

    3. Orde de cianobacterias unicelulares, arredondadas, agrupadas en pequenos grupos ou en colonias mediante abundante mucilaxe producida por xelificación das membranas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mucilaxe que envolve o talo de moitas algas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glícido que na súa forma dextroxira é un compoñente da lactosa, dos glicolípidos e dalgúns oligosacáridos e polisacáridos, que se atopan en pectinas, gomas e mucilaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos labirintomorfos.

    2. Protozoo da rama dos labirintomorfos.

    3. Rama de protozoos que comprende especies coloniais, a maioría mariñas, que se desprazan mediante unha estrutura mucilaxinosa extracelular, segregada por uns orgánulos especiais, aínda que tamén existen estadios flaxelados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás mixobacteriáceas.

    2. Bacteria da familia das mixobacteriáceas.

    3. Familia de bacterias, da orde das mixococais, que presentan células que forman colonias longas e delgadas con membrana mucilaxinosa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao xurista romano Mucio Escévola.

    2. Promesa ou garantía por vía de estipulación, segundo a que os legatarios instituídos baixo condición potestativa negativa poden entrar en posesión do obxecto legado, comprometéndose a restituír a herdanza aos coherdeiros ou substitutos, ou unha parte da que lles correspondía, se se cumpría a condición.

    VER O DETALLE DO TERMO