"malaco" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 28.

    1. Crustáceo da orde dos decápodos, caracterizado por rematarlle o primeiro par de patas nunhas pinzas máis ou menos desenvolvidas.

    2. Cangrexo de patas longas e corpo triangular, co dorso provisto de espiñas reviradas, onde moitas especies fixan anacos de algas ou esponxas para aumentar o deseño críptico.

    3. Cangrexo de cuncha hexagonal con cinco dentes nas marxes, de cor verde ou castaña, que vive en praias e fondos areosos das zonas internas das rías.

    4. Cangrexo de constitución forte, abdome reducido baixo o cefalotórax e antenas curtas, que habita en medios mariños.

    5. Cangrexo de corpo estreito e abdome longo, que habita nos ríos.

    6. Cangrexo de antenas e ollos moi separados que presenta 3 dentes agudos nas marxes da cuncha cuadrangular, de cor verde con pintas castañas escuras.

    7. Cangrexo  anomuro, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira.

    8. Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, que presenta cuncha de cor vermella intensa e o abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax nos machos e ovado, pequeno, estreito e delgado nas femias.

    9. Cangrexo do xénero Uca, caracterizado por presentar os machos unha pinza de gran tamaño e unha cor viva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, que presenta unha cuncha de cor vermella, rosa ou branca e un abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax, que se captura con nasas e arrastre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da malacoloxía que estuda as cunchas dos moluscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos edrioftalmos.

    2. Crustáceo da orde dos edrioftalmos.

    3. Orde de crustáceos da clase dos malacostráceos que presenta ollos compostos, colocados de maneira directa sobre a superficie da cabeza, sen un pedúnculo intermedio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos esquizópodos.

    2. Animal da antiga división dos esquizópodos.

    3. Antiga división de animais metazoos, artrópodos, crustáceos, malacostraceos, que presentan patas torácicas con exopodito e endopodio ben desenvolvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estomatópodos.

    2. Crustáceo da orde dos estomatópodos.

    3. Orde de crustáceos mariños, da clase dos malacostráceos, de cefalotórax curto, con grandes ollos móbiles e catro pares de patas, das que o primeiro par está transformado en garras raptoras provistas de aguillóns espiñentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos filocáridos.

    2. Crustáceo da superorde dos filocáridos.

    3. Superorde de crustáceos, da clase dos malacostráceos, caracterizados por presentar os ollos pedunculados, os toracópodos iguais, bífidos e foliáceos, o abdome formado por oito somitos e unha furca articulada no telson.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten as patas iguais.

      1. Relativo ou pertencente aos isópodos.

      2. Crustáceo da orde dos isópodos.

      3. Orde de crustáceos malacostráceos da superorde dos peracáridos de morfoloxía moi variada, segundo que se trate de formas libres ou parasitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos leptostráceos.

    2. Crustáceo da orde dos leptostráceos.

    3. Orde de crustáceos malacostráceos, da superorde dos filocáridos, de pequeno tamaño, co corpo con oito segmentos abdominais e recuberto dunha cuncha bivalva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘brando’.

    VER O DETALLE DO TERMO