"frisón" (En toda a entrada)
Amosando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
frisón.
-
-
Relativo ou pertencente a Frisia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Frisia.
-
Pobo de orixe xermánica instalado desde a Antigüidade nas costas do mar do Norte, entre a boca do Rin e a península de Xutlandia.
-
Lingua xermánica que se divide nas variedades frisón occidental, falado no N dos Países Baixos, frisón oriental, que se fala en certos redutos do antigo Oldenburg, e frisón setentrional, na illa de Helgoland, na costa de Slesvig ao N de Husum e nas illas da mesma costa ata Sylt.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente aos pobos xermánicos.
-
Individuo dos pobos xermánicos.
-
Grupo de pobos indoeuropeos que habitaban Xermania, cuxa cultura primitiva parece que se pode identificar cunha civilización do Bronce Final de orixe escandinava.
-
Grupo de linguas indoeuropeas que adoitan dividirse en tres subgrupos: o oriental, xa extinguido; o setentrional ou escandinavo, que comprende o islandés, o noruegués, o dinamarqués e o sueco; e o occidental, que comprende o inglés, o frisón, o neerlandés, o fráncico, o baixoalemán e o altoalemán.
-
-
Formación tectónica que se orixinou nas zonas cratónicas, e que se caracteriza pola presenza de numerosas fracturas e a ausencia de dobramentos.
-