"deitado" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 12.

    1. Planta herbácea anual, da familia das quenopodiáceas, de grandes follas glabras, lustrosas e onduladas.

    2. Planta herbácea anual ou perenne, da familia das quenopodiáceas, con talos deitados e estendidos radialmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xogo tradicional que consiste en bater cun pau cumprido noutro máis pequeno deitado no chan, facendo que salte para golpealo no aire e lanzalo canto máis lonxe mellor.

    2. Pau pequeno afiado polos dous extremos e destinado a ser golpeado no xogo da billarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, da familia das apiáceas, de talos deitados. As follas, pinnadas, presentan de 3 a 6 pares de folíolos e dispóñense de forma oposta ás umbelas que están formadas por pequenas flores brancas de 1 mm de diámetro. O froito é ovoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de leña ou doutros materiais deitados no chan que se queiman e producen fortes lapas.

    2. Conxunto de leña, toxos, xestas ou piornos que se amontoan na véspera de San Xoán. Á noitiña préndeselle lume e faise unha roda ao redor, mentres se baila e aturuxa. Ao se consumir a leña, sáltase por riba das últimas lapas para tirar os meigallos do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Posición do corpo en estado de repouso sobre un plano horizontal.

    2. Posición na que o corpo está deitado sobre un lado.

    3. Posición na que o corpo está deitado sobre o peito e o ventre.

    4. Posición que presenta un corpo cando está deitado sobre as costas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór a alguén tombado nunha cama ou noutra superficie para que durma ou descanse.

    2. Facer caer.

    3. Botar unha cousa fóra o que contén.

    4. Pór unha galiña a chocar ovos.

    5. Pórse en posición horizontal sobre unha superficie, principalmente para descansar ou durmir.

    6. Manter unha parella relacións sexuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unir ou xuntar unha cousa a outra, formando un todo.

    2. Facer que unha persoa pase a ocupar un posto ou un cargo.

    3. Levantar o tronco dunha persoa cando está sentada ou tumbada.

    4. Pasar a formar parte dun todo.

    5. Presentarse alguén por primeira vez nun posto ou traballo.

    6. Levantar algúen o tronco, cando está sentado ou deitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Satélite natural da terra, de forma sensiblemente esférica, un diámetro de 3.473 km, unha masa igual a 1/81 da masa da Terra, e unha atmosfera de densidade moi baixa, que se atopa a unha distancia media da Terra de 384.000 km e a aceleración da gravidade na súa superficie representa o 16% da que se experimenta na superficie da Terra. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

      1. Cada unha das fases do satélite da terra.

      2. A Lúa na fase chea. OBS: Tamén se denomina plenilunio.

      3. A Lúa na fase crecente. No momento desta fase, dise que a Lúa está en cuarto crecente.

      4. A Lúa na fase minguante. No momento desta fase dise que a Lúa está en cuarto minguante. OBS:  Tamén se denomina devalo.

      5. A Lúa na fase nova. OBS: Tamén se denomina novilunio.

      6. Inicio do cuarto minguante.

      1. Mes lunar.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unión dun home e dunha muller, lexitimada pola sociedade, para formar un núcleo familiar.

    2. Parella unida en matrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encadeamento fortuíto de sucesos que fai que todo se desenvolva dunha determinada maneira.

    2. Tipo, clase ou xénero dalgunha cousa.

    3. Cada unha das parcelas dun terreo comunal que, por sorteo, lle toca a cada veciño.

    4. Os doce primeiros días do mes de xaneiro que predín o tempo para os doce meses do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO