"alea" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 109.

  • Acción e efecto de abalear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. abalar.

    2. Moverse algo a un lado e a outro sen desprazarse do seu eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de aleatorio.

    2. Propiedade das variables aleatorias de poderen tomar calquera valor dentro dun intervalo, con probabilidades fixadas previamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que depende dun acontecemento incerto ou dunha continxencia.

    2. ariable que pode recibir diversos valores numéricos que dependen do azar.

    3. Movemento vangardista na creación musical posterior a 1960 baseado na improvisación a partir de composicións escritas con novas grafías e nas que intervén en grande medida o azar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Primeira letra dos alfabetos fenicios, hebreo e arameo.

    2. Símbolo que designa o cardinal dos conxuntos infindos ben ordenados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer lisa unha cousa.

    2. Eliminar as engurras que quedan nos tecidos téxtiles ou na pel.

    3. Tornar liso o pelo.

    4. Eliminar dun conxunto de datos, que seguen unha lei subxacente, as flutuacións aleatorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico, que pertence ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable. Atópase sobre todo en forma de silicatos, de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio, pero nunca en forma libre. As aplicacións do aluminio metálico e das súas aliaxes son moi importantes e variadas.

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor ca o aluminio en po, forma películas con máis facilidade, cun manexo máis sinxelo e un menor risco de incendio.

    4. Pos de aluminio de cor gris brillante e de forma laminar. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de explosivos e como pigmento para pinturas metálicas.

    5. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre e aluminio de gran resistencia mecánica. Emprégase no revestimento de iates e na industria química.

    6. Cloruro anhidro moi empregado como catalizador na industria do petróleo.

    7. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos.

    8. Sólido empregado como mordente nas tinturas pola súa capacidade de absorber un colorante cando precipita dunha solución que contén ese colorante.

    9. Lámina de aluminio obtida mediante sucesivas laminacións dunha cinta ou prancha de aluminio puro.

    10. Grupo de compostos que comprende o caolín, as arxilas e os alúminosilicatos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dalgunhas series cronolóxicas pola que o estado do proceso nun instante determinado depende linealmente dun certo número de estados anteriores e mais un termo aleatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de axustar ou de axustarse.

    2. Operación estatística que consiste en atopar a lei que resume, do mellor modo posible, a variación dunha variable aleatoria Y en función doutra variable X, da que depende.

    3. Tipo de reacción pola que un suxeito fai desaparecer o estímulo que motivou a situación de desequilibrio entre el e o ambiente. Nun sentido amplo emprégase como sinónimo de adaptación.

    4. Efecto que resulta da operación de axustar dúas pezas entre elas e que depende da súa diferenza de dimensións.

    5. Conxunto de operacións que realiza o axustado, que poden ser clasificadas en  operacións de trazado, desbaste, modelado, acabado, medida e verificación.

    6. Política económica de reformas dos desequilibrios dunha economía.

    7. Teoría pola que calquera perturbación que desequilibre o sistema económico provoca unha reacción automática no mesmo sistema, que o leva a unha situación na que novamente tende ao equilibrio.

    VER O DETALLE DO TERMO