"VOLGa" (En toda a entrada)

Amosando 9 resultados de 9.

    1. Relativo ou pertencente aos calmucos ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mongol dos calmucos.

    3. Pobo mongol do grupo occidental ou oirat, que desde o s XVII habitou o territorio ocupado pola República dos Calmucos, no curso baixo do Volga.

    4. Lingua mongol que falan os calmucos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. -romanos, seguidores do rito oriental.

    2. Relativo ou pertencente aos pobos eslavos ou ás súas linguas.

    3. Natural ou habitante dos pobos eslavos.

    4. Grupo de pobos de lingua indoeuropea que habitan o territorio comprendido entre os ríos Oder e Volga e desde o mar Báltico ata os Cárpatos, e que se estenden polo N de Asia ata o Pacífico.

      1. Fonte común primitiva das linguas eslavas. As formas máis coñecidas son o antigo eslavo e o antigo búlgaro.

      2. Lingua literaria eslava baseada orixinariamente nos dialectos eslavos do S de Bulgaria e Macedonia, aos que se engadiron trazos lingüísticos propios do eslavo occidental. Mantense como lingua litúrxica nalgunhas igrexas ortodoxas e nos ritos dos eslavos católico-

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo gagauz.

    2. Individuo do pobo gagauz.

    3. Pobo de orixe turca que se estableceu no N do mar Caspio e no mar Negro, entre o Volga e o Danubio cara ao s XI. No s XIII formaron un estado independente sometido ao emperador bizantino e no s XV pasaron a formar parte do Imperio Otomán. As súas comunidades esténdense por Moldavia, Ucraína, Bulgaria e Romanía. Dedícanse á agricultura e á gandaría.

    4. Lingua altaica que fala o pobo gagauz, que emprega unha variante do alfabeto cirílico na escrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hunos.

    2. Individuo do pobo huno.

    3. Pobo de pastores nómades de etnia mongola, distribuídos en diversas tribos, que cara a 350 cruzaron o Volga e en 376 invadiron a Europa do SL e crearon un imperio que, tras a morte de Atila (453), se dividiu entre os seus fillos e disgregouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo kházaro.

    2. Individuo do pobo kházaro.

    3. Pobo de orixe incerta que cara ao s VI formou un imperio entre os mares de Azov e Caspio e os ríos Volga e Don.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos maris ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo dos maris.

    3. Pobo finoúgrio que se estableceu no curso medio do Volga e do V’atka e que constituíu a República Socialista Soviética Autónoma dos Maris, actualmente República dos Maris.

    4. Lingua finoúgria que se fala principalmente na República dos Maris e de Baxkiria. OBS: Tamén se denomina cheremiso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo mordovino ou a súa lingua.

    2. Individuo do pobo mordovino.

    3. Grupo de tribos finesas establecidas nas ribeiras do Volga Medio.

    4. Lingua uraliana, falada nunha zona que vai desde o río Oka ao O ata o río Belaja ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Rusia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Rusia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo ruso.

      2. Individuo do pobo ruso.

      3. Pobo normando de orixe escandinava, varegos, que unha vez fusionados cos eslavos do Volga, o Don e o Dniéper (s IX), organizaron os primeiros principados rusos de Kiev e de Novgorod.

    1. Lingua eslava que se escribe en alfabeto cirílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo sármata.

    2. Individuo do pobo sármata.

    3. Pobo iránico procedente de Caucasia e da actual Ucraína, que se estableceu entre o Vístula e o Volga, e que se divide en estonianos, eslavos e xermánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO