"Uruguay" (En toda a entrada)

Amosando 7 resultados de 7.

    1. Relativo ou pertencente a Castela ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Castela.

    3. Lingua románica, do subgrupo iberorrománico, orixinaria de Castela. É a lingua oficial de Arxentina, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá,, República Dominicana, El Salvador, Uruguay e Venezuela. Comparte a oficialidade en Paraguay, Bolivia, Perú, Puerto Rico e Guinea Ecuatorial. Dentro do territorio español o castelán comparte o estatuto de lingua oficial nas comunidades autónomas de Galicia, Catalunya, València, Illes Balears, Nafarroa e Euskadi. Presenta como variedades dialectais o andaluz, o estremeño, o murciano, o canario e as variedades do castelán faladas en América.

    4. Persoa que na época medieval tiña o goberno, a defensa e a xurisdición dun castelo en dominio útil e posesión inmediata, ben en nome do seu señor, no territorio dunha baronía, ou ben do soberano nos dominios reais.

    5. Moeda de ouro que foi cuñada en Castela durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos guaranís, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo guaraní.

    3. Pobo amerindio que ocupaba a costa atlántica e no interior estendíase polos ríos Paraná, Uruguay e Paraguay.

    4. Lingua amerindia falada polos guaranís de Paraguay e en zonas de Bolivia, Brasil e Arxentina. Ten recoñecemento oficial compartido co castelán en Paraguay.

    5. Unidade monetaria principal de Paraguay.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade monetaria de Arxentina desde a súa independencia ata 1985, e de novo desde 1991.

    2. Unidade monetaria principal de Bolivia, Colombia, Chile, Guiné-Bissau, México, República Dominicana e Uruguay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade lingüística que consiste na mestura idiomática entre portugués e castelán desenvolvida en poboacións da fronteira de Brasil con Uruguay e Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tupamaros ou ao seu movemento.

    2. Membro do movemento tupamaro.

    3. Movemento revolucionario que se creou en 1962 co nome de Movimiento de Liberación Nacional de Uruguay (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia lingüística que inclúe as linguas tupís e guaranís e que se estende de maneira descontinua do Amazonas ata Uruguay e do Atlántico aos Andes. Tm adx.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Uruguay ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Uruguay.

    VER O DETALLE DO TERMO