"Tasia" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 30.

    1. Acción e efecto de agregar ou agregarse.

    2. Unión histoxenética de células disociadas.

    3. Reunión de individuos dunha mesma especie nun territorio reducido.

    4. Conxunto de sons verticais que, a diferenza do acorde, non están suxeitos a leis harmónicas tradicionais.

    5. Unión ou agrupación de terreos.

    6. Unión dun municipio a outro co que fai linde na súa totalidade ou en parte.

    7. Fase da hemostasia consistente na aglomeración de plaquetas no foco da lesión vascular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensación angustiosa que experimentan algúns neurasténicos ao pasar dunha posición sentada a poñerse en pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Abandono da relixión que alguén profesa para adherirse a outra.

      2. Rexeitamento total da fe cristiá, unha vez recibido o bautismo.

    1. Abandono dos votos.

    2. Acción de abandonar unha doutrina, un partido ou  unha agregación calquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dificultade de quedar de pé, incluso non existindo parálise nos músculos dos membros inferiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución do volume ou colapso do tecido pulmonar a consecuencia da ausencia de aire nos alvéolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facultade ou habilidade dun organismo para soportar os cambios ambientais sen resultar alterado por eles.

    2. Parte da historia xeolóxica e biolóxica dunha rexión que se caracteriza pola existencia dunha cuberta vexetal densa e unhas condicións climáticas húmidas e quentes, que favorecen os procesos de formación dos solos e unha erosión lenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hipersecreción patolóxica de mucosidade bronquial, observada sobre todo nas bronquites crónicas e nas bronquiectasias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dilatación crónica e irreversible dun ou máis bronquios acompañada de infección secundaria que xeralmente afecta tamén á parte correspondente do pulmón. Poden ser conxénitas ou adquiridas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación de materias fecais no intestino groso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dilatación da luz ou da cavidade dunha estrutura anatómica.

    VER O DETALLE DO TERMO