"Rose" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 236.

    1. Acción e efecto de abandonar ou abandonarse.

    2. Delito cometido por un funcionario ou por un militar ao abandonar voluntariamente e sen consentimento de superiores o posto ou as funcións ás que foi destinado.

    3. Abstención voluntaria, por parte do interesado nun procedemento xudicial ou administrativo, de actuar no tempo preestablecido para exercer unha acción ou recurso legal.

    4. Renuncia a proseguir nunha competición.

      1. Acción de abandonar a tripulación unha embarcación por un perigo inminente.

      2. Sinal feito con asubío, timbre ou toque de corneta para indicar á tripulación dunha embarcación a necesidade de abandonala e ocupar os lugares correspondentes nos botes salvavidas.

    5. Delito que consiste no incumprimento voluntario dos deberes de asistencia derivados do matrimonio, da patria potestade ou da tutela.

    6. Cesamento, planificado ou espontáneo, da actividade agraria nunha superficie determinada motivado pola perda de rendibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación nula ou escasa de excrementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección do tracto respiratorio e da conxuntiva causada por algunha especie de adenovirus.

    2. Afección, xeralmente benigna, de mamíferos e aves causada por adenovirus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interioridade ou conxunto de pensamentos que non se exteriorizan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Endoarterite tóxica caracterizada pola necrose e a caída indolora dos dedos das mans e dos pés producida por unha contracción fibrosa progresiva e lenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave mariña peláxica dos xéneros Diomedea e Phoebetria que pertence á familia dos diomedeidos e se caracteriza por ser a maior ave acuática e por desprazarse enormes distancias grazas ás súas ás estreitas e grandes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore do xénero Larix, da familia das pináceas, de acículas caducas, dispostas en verticilos sobre os braquiblastos.

    2. Árbore da familia das pináceas que se caracteriza por ter de 30 a 40 acículas por roseta.

    3. Alerce da familia das pináceas que presenta de 15 a 30 acículas por roseta.

    4. Alerce da familia das pináceas que se caracteriza por ter as escamas das piñas viradas cara a fóra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne que pertence ao xénero Aloe, da familia das liliáceas, con follas longas e suculentas, xeralmente de marxes espiñentas, dispostas en roseta basal e presentan flores tubulosas, brancas, amarelas ou vermellas, que se agrupan en vistosas inflorescencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perda total ou parcial da visión dun ollo ou dos dous.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á amaurose.

    2. Que padece amaurose.

    VER O DETALLE DO TERMO