"Rante" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1246.

  • Derivado mononitrado do naftaleno, que se emprega na fabricación de colorantes e produtos intermediarios de síntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido incoloro que deriva do etano e que se emprega en medicina como disolvente de substancias orgánicas e como aditivo nas gasolinas para eliminar o chumbo durante a combustión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido composto que se emprega como intermediario na síntese de colorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á tribo aba ou aos seus integrantes.

    2. Individuo da tribo aba.

    3. Tribo ou subtribo amerindia que pertence ao grupo chiriguano da terra chá boliviana, preto dos Andes, entre Santa Cruz de la Sierra e o río Bermejo.

    4. Lingua tupí-guaraní que fala a tribo aba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abastecer ou abastecerse.

    2. Acción de fornecer de materias, mercadorías e produtos a unha poboación ou a calquera colectivo.

    3. Avión que subministra combustible a outra aeronave durante o voo.

    4. Lugar onde os órganos do exército entregan os abastecementos ás grandes unidades subordinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos abbásidas.

    2. Membro da dinastía abbásida.

    3. Dinastía árabe instalada en Bagdad. O primeiro califa foi Abū-I-Abbās al-Saffāḥ. No califato abbásida sucedéronse trinta e sete soberanos que reinaron durante cincocentos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a técnica abbevilliana ou ao Abbevilliano.

    2. Técnica de percusión baseada na talla periférica, asimétrica e sobre zafra dorminte empregada para obter bifaces e outros artefactos.

    3. Tecnocomplexo do Paleolítico Inferior que se desenvolveu durante un período interglaciario cálido. Caracterízase por un tipo de biface tallado por percusión dura e dorminte. En Europa, precede cronoloxicamente ao Acheuliano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Insecto himenóptero do xénero Bombus, de corpo robusto, peludo e cores escuras ou claras e raiadas.Viven en niños no chan e o seu voo é ruidoso.

      2. Abellón do xénero Psithyrus, parasito doutros abellóns.

      3. Abellón do xénero Xylocopa de corpo e ás de cor violácea intensa.

    1. Macho da abella doméstica.

    2. Ritual funerario que consistía en bailar ao redor do leito dun defunto durante o velatorio, tras o xantar ofrecido polos parentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se desvía do tipo ordinario.

    2. Que ten unha configuración anormal, referido a un órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore da subfamilia das abietoideas que pertence aos xéneros Abies, Picea, Pseudotsuga ou Tsuga. Caracterízase por ter acículas perennes, presentes só nos macroblastos.

    2. Árbore da subfamilia das abietoideas, de cortiza branco agrisada, acículas fendidas no ápice e piñas ergueitas que se desfán ao madurar. É propia das montañas do S e centro de Europa.

    3. Árbore da subfamilia das abietoideas, de cortiza agrisada e piñas ergueitas.

    4. Árbore da subfamilia das abieotideas, de piñas pendurantes con brácteas en que sobresaen tres dentes anchos.

    VER O DETALLE DO TERMO