"Planck" (En toda a entrada)

Amosando 6 resultados de 6.

    1. Relación establecida entre cousas que se corresponden.

      1. Comunicación entre persoas por escrito mediante o intercambio de cartas.

      2. Conxunto de cartas, impresos e todo tipo de documentos ou envíos que circulan por medio do correo, incluídas as comunicacións telegráficas e telefónicas.

    2. Para dous conxuntos A e B, subconxunto do produto cartesiano A ´ B onde A se chama dominio e B imaxe.

    3. Principio que establece que o valor medio dun determinado estado cuántico ten que ser reducido, no límite (cando a constante de Planck h tende a cero), ao valor clásico da magnitude correspondente. Este principio relaciona a mecánica clásica coa cuántica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cuanto.

      1. Relativo ou pertencente á mecánica cuántica.

      2. Cada un dos valores que definen as características dun electrón nun átomo.

      3. teoría de Planck.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de enerxía dunha radiación electromagnética que, para unha frecuencia dada, é igual á enerxía dun mol de fotóns. O seu valor depende da frecuencia de radiación v e equivale a N×h×v, onde N é o número de Avogadro e h a constante de Planck.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Símbolo da intensidade dun campo magnético.

    2. Símbolo da entalpía.

    3. Símbolo do hamiltoniano dun sistema físico.

    4. Símbolo do henrio.

    5. Signo da notación alfabética empregada nos países xermánicos que equivale ao si natural.

    6. Símbolo do hidróxeno.

    7. Símbolo da constante de Planck.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de enerxía empregada en física atómica e espectroscopia, igual a 4π 2 me 4 h 2 , onde m e e son, respectivamente, a masa e a carga do electrón, e h é a constante de Planck. Equivale a 27, 21 e V a uns 4,33·10 -18 J.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ordenado de ideas, independentes da realidade práctica, que tratan de explicar un fenómeno.

    2. Conxunto de coñecementos completo e sistemático sobre unha materia, arte ou ciencia.

    3. Teoría segundo a que todos os elementos químicos están constituídos por átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas, e que teñen unha serie de propiedades, como a masa atómica, que é característica de cada elemento. Se dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes, onde a molécula é a cantidade mínima dun composto, que ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan.

    4. Teoría segundo a que todo o efecto da supercondutividade resulta dunha pequena forza de atracción entre unha parella de electróns con enerxías case iguais (parellas de Cooper). Os electróns libres repélense mutuamente, pero a repulsión está reducida considerablamente por mor do apantallamento dos outros electróns.

    5. Teoría que explica as propiedades das solucións acuosas de electrólitos fortes, admitindo que están completamente disociados en ións e que as desviacións observadas respecto ao comportamento previsto pola ecuación de Arrhenius proveñen das súas interaccións electrostáticas.

    6. Teoría segundo a que o dilema que presentaba a existencia de solucións correspondentes a estados de enerxía negativos, carentes de significación física, pode resolverse postulando que o oco está ocupado por positróns.

    7. Teoría que considera a superficie da Terra como un sistema integrado, en que os organismos vivos e os factores xeolóxicos e climáticos están interrelacionados e se inflúen mutuamente. OBS: Tamén se denomina hipótese de Gaia.

    8. Teoría segundo a que cando un metal ou calquera substancia se disocia en ións ou se somerxe nun disolvente se crea unha diferenza de potencial entre o disolvente e a parte de metal ou substancia que aínda non se disolveu.

    9. Teoría, enunciada co fin de atopar unha formulación que satisfixese a experiencia na radiación dun corpo negro, segundo a que calquera sistema físico en que a coordenada que o caracteriza efectúe oscilacións harmónicas simples, soamente pode ter unha enerxía total E que satisfaga a relación E=nhv, onde n é un enteiro (dito número cuántico), h a constante de Planck e v a frecuencia de oscilación.

    10. Teoría da física dos reactores nucleares, segundo a que o intervalo de enerxía en que evolucionan os neutróns se descompón nun determinado número de bandas de características definidas, o que simplifica o estudo do fluxo neutrónico.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO