"Pla" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3323.

  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras cos significados de ‘face’, ‘base’ e ‘plano’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘semellante a’ ou para formar grupos de animais, plantas ou minerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘modelar, formar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘modelaxe, reconstrución’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano presente nas clases dos insectos, quirópteros e aves, que posibilita o voo.

    2. Toda superficie horizontal e plana que serve para estabilizar o voo.

      1. Cada un dos corpos laterais que se estende aos lados do principal nun edificio de planta composta.

      2. Parte dunha edificación diferente da zona principal nun edificio, construción ou calquera outro espazo con división arquitectónica.

      3. Partes laterais dun escenario de teatro.

    3. Xogador ou grupo de xogadores que se posicionan nos extremos do terreo de xogo.

    4. Expansión laminar, foliácea ou membranosa que se estende pola superficie de diversas estruturas como flores, froitos, talos e pecíolos.

      1. Cada un dos grupos de barcos dunha escuadra que se sitúa aos costados.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de clasificación dos grupos sanguíneos que se basea na presenza ou ausencia de aglutinóxenos A e B nos eritrocitos e das aglutininas anti-A e anti-B no plasma sanguíneo. O sistema AB0 clasifica os individuos en catro grupos: A, B, AB0.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta  da familia das musáceas semellante ao bananeiro, pero de follas máis estreitas que proporcionan un filamento téxtil denominado cánabo de Manila.

    2. Fibra téxtil de cor esbrancuxada, extraída das vaíñas foliares da planta do mesmo nome,. que se emprega na fabricación de cordeis e cables.

    3. Tecido tosco fabricado coa fibra do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plantar un terreo con bacelos ou cepas novas.

    2. Dobrar e enterrar unha póla o tempo suficiente ata que arraigue para logo cortala e formar unha planta nova e independente.

    3. Arrimar terra ao redor do pé dunha árbore ou planta de xeito que o cubra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abandonar ou abandonarse.

    2. Delito cometido por un funcionario ou por un militar ao abandonar voluntariamente e sen consentimento de superiores o posto ou as funcións ás que foi destinado.

    3. Abstención voluntaria, por parte do interesado nun procedemento xudicial ou administrativo, de actuar no tempo preestablecido para exercer unha acción ou recurso legal.

    4. Renuncia a proseguir nunha competición.

      1. Acción de abandonar a tripulación unha embarcación por un perigo inminente.

      2. Sinal feito con asubío, timbre ou toque de corneta para indicar á tripulación dunha embarcación a necesidade de abandonala e ocupar os lugares correspondentes nos botes salvavidas.

    5. Delito que consiste no incumprimento voluntario dos deberes de asistencia derivados do matrimonio, da patria potestade ou da tutela.

    6. Cesamento, planificado ou espontáneo, da actividade agraria nunha superficie determinada motivado pola perda de rendibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zoca de coiro sen curtir ou caucho que cobre a planta do pé e vai cinguida á perna cunhas correas.

    VER O DETALLE DO TERMO