"Ory" (En toda a entrada)

Amosando 9 resultados de 9.

    1. Ave dos xéneros Calandrella e Melanocorypha, da familia dos aláudidos, de peteiro forte e plumaxe de cor predominantemente parda manchada.

    2. Calandra de peteiro groso e colar negro no pescozo.

    3. Calandra de peteiro curto.

    4. Calandra de peteiro curto e apuntado, que presenta unha mancha negra no pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave, da familia dos ictéridos, que se caracteriza por presentar o macho unha plumaxe xeral negra, agás a mitra e a parte superior das alas que teñen unha cor branca, e a caluga de cor amarela. A femia é de cor castaña con raias máis escuras e coa gorxa e o peito brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade epidémica, infecciosa e contaxiosa, que se produce pola Corynebacterium diphtheriae e que afecta sobre todo aos nenos de un a cinco anos.

    2. Doenza típica dos paxaros, agás os acuáticos, que consiste na aparición de membranas falsas nas mucosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carretilla que se emprega sobre a vía do ferrocarril para transportar travesas e outros materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Memoria pasiva unicamente de lectura, que pode ser borrada e reprogramada polo usuario. Baséase na tecnoloxía FAMOS, isto é, MOS de porta flotante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección cutánea causada por diversos axentes patóxenos como Corynebacterium minutissimum, que dá lugar á formación de placas cutáneas de cor vermella escura, ben delimitadas e exfoliativas, que aparecen especialmente nas áreas húmidas do corpo como a ingua, o escroto ou as axilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore, da familia das xuglandáceas, de follas compostas e dentadas, flores en amentos e froito en noz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida alcohólica simple, típica de Xapón, que se obtén por fermentación do kóji, que é unha clase de levadura a base de grans de arroz atacado por Aspergillus oryzae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da facción aristocrática do Parlamento inglés, formada no s XVII, que defendía a supremacía das prerrogativas monárquicas sobre o poder lexislativo.

    VER O DETALLE DO TERMO