"Minot" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 14.

    1. Elemento metálico, que pertence ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable. Atópase sobre todo en forma de silicatos, de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio, pero nunca en forma libre. As aplicacións do aluminio metálico e das súas aliaxes son moi importantes e variadas.

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor ca o aluminio en po, forma películas con máis facilidade, cun manexo máis sinxelo e un menor risco de incendio.

    4. Pos de aluminio de cor gris brillante e de forma laminar. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de explosivos e como pigmento para pinturas metálicas.

    5. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre e aluminio de gran resistencia mecánica. Emprégase no revestimento de iates e na industria química.

    6. Cloruro anhidro moi empregado como catalizador na industria do petróleo.

    7. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos.

    8. Sólido empregado como mordente nas tinturas pola súa capacidade de absorber un colorante cando precipita dunha solución que contén ese colorante.

    9. Lámina de aluminio obtida mediante sucesivas laminacións dunha cinta ou prancha de aluminio puro.

    10. Grupo de compostos que comprende o caolín, as arxilas e os alúminosilicatos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de obtención de metais a partir dos seus óxidos ou sulfuros, por acción do aluminio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á aluminotermia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino branco, que se utiliza como herbicida contra algunhas monocotiledóneas e actúa interferindo a fotosíntese. OBS: Tamén se denomina amitrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á comarca do Baixo Miño ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Baixo Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Baixa Saxonia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Baixa Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao movemento.

      2. Que está provocado polo movemento.

    1. Relativo ou pertencente á cinética.

    2. Corrente artística que incorpora o movemento real ou aparente á peza escultórica. Os grupos de investigación cinética buscaban acadar o movemento mediante aparatos luminotécnicos, móbiles sen motor, móbiles con forza magnética, obxectos transformables e movementos ocasionados pola percepción óptica.

    3. Teoría que aplica as leis da mecánica clásica ao estudo dos gases, obtendo expresións macroscópicas que permiten determinar a presión, a enerxía interna e as calores específicas dos gases.

    4. Literatura que implica no lector unha acción máis ca unha experiencia estética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica da iluminación, con luz artificial, de espazos abertos e pechados e con fins funcionais ou artísticos. Fundaméntase na fotometría e tamén na estética e nos principios fisiolóxicos e hixiénicos da visión. A luz artificial pode ser producida termicamente ou sen produción de calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á luminotecnia.

    2. Persoa especialista en luminotecnia.

    VER O DETALLE DO TERMO