"Mende" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 17.

    1. Calidade da persoa que na súa traxectoria vital ou na súa conduta se mantén firme nuns principios, que presenta decisión e enerxía.

    2. Trazo distintivo, calidade propia que distingue a unha persoa ou unha cousa doutras.

    3. Conxunto dos trazos individuais adquiridos baixo a influencia de presións ambientais e educacionais, que se expresan por medio de formas peculiares de conduta.

    4. Conxunto de calidades dominantes na fisonomía moral dunha persoa.

      1. Trazo distintivo dun organismo que o diferencia doutro.

      2. Carácter morfolóxico ou fisiolóxico que aparece nun organismo ao longo da súa vida por interacción co contorno.

      3. Carácter que fai referencia a calidades que non se poden medir.

      4. Carácter que fai referencia ás calidades medibles.

      5. Carácter que se transmite pola herdanza.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anular unha encomenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de cruzamento entre dous individuos que teñen dous xenes dialélicos non ligados.

    2. Segregación mendeliana á que dá lugar o cruzamento entre dous individuos con xenes dialélicos non ligados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico artificial radioactivo transuránido da familia dos actínidos, de número atómico 99 e masa atómica do isótopo menos inestable 252. O núclido 253 emprégase para sintetizar os núclidos 256 e 255 do mendelevio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corrixir un erro de algo ou un defecto físico ou moral de alguén.

    2. Modificar un tribunal superior a sentenza emitida por el mesmo, a instancia da parte interesada.

    3. Corrixir unha persoa a súa actitude errónea ou os seus defectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de encomendar ou encomendarse.

    2. Cousa que se lle pide ou confía a alguén.

      1. Dignidade dotada de renda e xurisdición que se lles outorgaba aos cabaleiros das ordes militares.

      2. Bens, froitos e réditos dun comendador.

      3. Renda ou mercé que se outorgaba sobre un lugar ou territorio.

    3. Dignidade de comendador nas ordes civís.

    4. Cruz que os cabaleiros das ordes militares levaban na capa e no vestido.

    5. Institución xurídica instaurada pola Coroa de Castela en América para regulamentar as súas relacións cos indíxenas que consistían na cesión temporal, por parte do rei a un encomendeiro, da percepción do tributo ou do traballo que o indio lle debía pagar á Coroa.

    6. Administración ou custodia dunha igrexa baleira por un crego que percibía as rendas ou a provisión dun beneficio regular outorgado a un segrar, con dispensa da profesión relixiosa.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Encargar a algúen que faga algo.

      2. Deixar unha persoa ou cousa ao cargo de alguén.

    1. Outorgar unha encomenda ou facer encomendeiro a alguén.

    2. Confiarse a alguén para conseguir o seu amparo ou protección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que realiza unha encomenda.

    2. Beneficiario dunha encomenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fenómenos de glaciarismo que acontecen, desde o Precámbrico, en diversos períodos da historia xeolóxica, chamados tamén glaciacións, durante os que o xeo polar invadía periodicamente a superficie dos continentes. Nas rexións alpinas europeas, durante o Cuaternario, soportáronse catro glaciacións: Günz, Mendel, Riss e Würm.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lámina, feixe ou cordón de tecido fibroso, compacto e pouco extensible, que serve de unión ás articulacións ou entre algunhas partes do óso ou cartílagos.

    2. Asociación de xenes que tenden a pasar dunha xeración a outra como un grupo unido, polo que non se segregan ao azar e non cumpren a terceira lei de Mendel.

    3. Disposición de entrelazado dos fíos de urdido coas pasadas de trama nos tecidos. Adoita repetirse regularmente ao longo e largo do tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO