"Map" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 55.

    1. Converter en couto calquera lugar ou terreo.

    2. Reducir graficamente segmentos dun escrito.

    3. Poñer as cotas nun mapa topográfico, plano ou semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recurso métrico propio da lírica trobadoresca que consiste en manter as mesmas rimas da primeira estrofa en todas as demais como acontecía nas cobras unisonantes provenzais.

    2. Parte da topografía que se ocupa de medir as alturas, referidas a un plano de comparación.

    3. Conxunto de signos que nos mapas representan o relevo do terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Assam, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Assam.

    3. Lingua indoeuropea do grupo índico oriental falada en Assam, no val do Brahmaputra e no río abaixo de Dibrugarh. Escríbese xeralmente en caracteres bengalís e posúe unha literatura abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Colección sistemática de mapas ou esquemas cartográficos.

      2. Colección de mapas celestes que ordena desde os poucos centenares de estrelas máis brillantes ata os millóns de estrelas visibles só con grandes telescopios.

      3. Recompilación de datos meteorolóxicos expostos sobre a base cartográfica dun territorio en concreto.

      4. Conxunto de mapas que reflicten a distribución espacial dos feitos lingüísticos.

      5. Compilación de mapas.

    1. Colección sistemática de láminas, debuxos, cadros ou tablas destinadas a facilitar a comprensión dunha obra.

    2. Primeira vértebra dos tetrápodos, articulada co cranio. Ten forma de arco, e o seu corpo está soldado á segunda vértebra ou axe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de descender a un nivel máis baixo algunha cousa.

    2. Cesamento de xeito temporal ou definitivo nun corpo, emprego, profesión, cargo ou posto de traballo.

    3. Perda dun individuo para o servizo activo.

      1. Declaración pola que unha persoa, unha industria, un vehículo ou calquera elemento, quedan excluídos dun padrón, dun censo, dun rexistro ou outros.

      2. Declaración facultativa pola que o traballador cesa temporalmente da súa actividade laboral como consecuencia dunha enfermidade ou dun accidente.

      1. Diminución do valor dalgunha cousa no mercado.

      2. Descenso de tipo xeral na cotización dos valores bolsistas.

    4. baixamar.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Comunicación escrita, xeralmente pechada, enviada por unha persoa a outra.

      2. Carta enviada a un particular e que se fai pública simultaneamente para o coñecemento de todo o mundo, xeralmente a través dun medio de comunicación.

      3. Carta que se entrega nunha oficina de correos pagando o selo correspondente e cubrindo un xustificante que obriga á empresa receptora a probar que chegou ao seu destino, a devolvela se non se atopa o destinatario ou a pagar unha determinada indemnización en caso de extravío.

    1. Folla rectangular de cartolina con figuras pintadas nun dos lados, que forma parte dun conxunto de 48 a 52 elementos divididos en catro series ou paus.

    2. Documento que acredita determinados dereitos ou servizos para a identificación persoal con validez oficial.

      1. Mapa no que se representan determinadas características xeográficas e atmosféricas cun fin orientativo.

      2. Mapa deseñado especialmente para o uso da navegación aérea.

      3. Representación que se fai nun plano das estrelas e dos elementos máis importantes da esfera celeste.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘mapa xeográfico ou carta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confeccionar e trazar mapas ou cartas xeográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte e ciencia que ten por obxecto a concepción, redacción e realización de mapas, ademais da súa utilización. Comprende o conxunto de estudos e operacións científicas, artísticas e técnicas que, a partir da observación directa ou da explotación dunha documentación, interveñen na confección de mapas, planos e outras formas de expresión cartográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO