"Macenta" (En toda a entrada)

Amosando 9 resultados de 9.

  • Ave de plumaxe case completamente branca, con bandas negras. Ten o bico negro e curvado cara a arriba, e as patas longas e de cor azul grisalla. É unha especie típica das praias lamacentas e descubertas, dos esteiros e dos bancos de area costeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artiodáctilo ruminante, da familia dos bóvidos, de grandes dimensións, que vive nas zonas forestais ou lamacentas da Insulindia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molusco lamelibranquio do xénero Cardium, da familia dos cárdidos, que se caracteriza por ter a cuncha moi convexa, formada por dúas valvas iguais e que  vive enterrado a poucos centímetros en fondos de area lamacenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade de mazá verde escura que ten forma de bico.

    2. Molusco bivalvo, da familia dos venéridos, de valvas ovadas, sólidas co umbo situado na metade anterior da cuncha e que vive en areas lamacentas ou areosas na zona inframareal no Atlántico e no Mediterráneo.

    3. Peixe mariño, da familia dos esfirénidos, que presenta o corpo alongado, ollos moi grandes, a mandíbula inferior prolongada cara a adiante e aleta caudal profundamente gallada. É de cor gris oliva coa zona ventral arxéntea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molusco bivalbo, da familia dos venéridos, de cuncha grosa, con forma de triángulo, coa superficie sucada de numerosas costelas concéntricas e de cor amarelenta ou parda. Vive en fondos de area fina e lamacenta.

    2. Ave mariña, da familia dos estérnidos, que captura pequenos peixes dentro da auga, onde se somerxe logo de pendurarse a certa altura cun voo en peneira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molusco bivalvo, da familia dos donácidos, de cuncha que mide o dobre de longa que de ancha, e que presenta bordo dentado e vértice descentrado, superficie lisa e brillante de cor variable e dous sifóns curtos. Aparece nas praias de area fina e lixeiramente lamacenta, nas embocaduras dos ríos e en lagoas litorais. OBS: Tamén se denomina cadelucha, navalliña e ameixa negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molusco bivalvo, da familia dos máctridos, de cunchas sólidas, grosas, equilaterais e triangulares e superficie branca.

    2. Molusco bivalvo do xénero Venerupis, da familia dos venéridos, que vive en áreas lamacentas ou areosas na zona inframareal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está cuberto de lama.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coitelo en que a folla se pode dobrar sobre o mango para que o gume quede gardado.

    2. Molusco lamelibranquio, da familia dos solénidos, que presenta a cuncha alongada, curvada, de forma tubular e que habita na area lamacenta.

    3. Nome que reciben outros solénidos, en especial o longueirón e o longueirón vello.

    VER O DETALLE DO TERMO